A vida na Terra.Que fai posible a vida na Terra?
Temperatura: Suave, media na superficie 15 graos centígrados.
Auga: Abundante, esencial para a vida, case toda en estado líquido.
Campo magnético e atmosfera: Impiden que moitas radiacións perigosas, emitidas polo Sol, para a saúde dos organismos, cheguen a Terra.
Que é un ser vivo?: É aquel capaz de desempeñar tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.Función de relación: Ser capaz de percibir cambios no medio e de reaccionar ante eles do xeito máis adecuado para a supervivencia.
Función de reproducción: Ser capaz de producir descendentes coas características dos proxenitores para perpetuar a especie.
Asexual: Intervén un só individuo, que orixina copias idénticas a si mesmo.
Sexual: Interveñen dous individuos, cada un deles aporta un gameto ou célula sexual (óvulo e espermatozoide).
Función de nutrición:Procesos polos que os seres vivos obteñen ou intercambian materia e enerxía co medio para poder fabricar as súas estructuras e realizar as funcións vitais.
Autótrofa: Fabricación do alimento a partir se substancias inorgánicas (fotosíntese).
Heterótrofa: Utiliza as substancias orgánicas producidas por outros seres como fonte de alimento.
As células.Membrana: Fina envoltura externa.
Plasmática.
Parede celular (células procariotas e vexetais).
Citoplasma: Substancia xelatinosa que enche o seu interior e contén os orgánulos.
Orgánulos: Estructuras, con funcións específicas, nas que teñen lugar as reacción químicas que lles permiten as células realizar as funcións vitais.
Citoesqueleto.
Vacúolo.
Ribosoma.
Centriolo.
Sistema retículo endoplasmático (SRE) liso e rugoso.
Lisosoma.
Aparato de Golgi.
Mitocondria.
Cloroplasto (solo en células vexetais).
Núcleo: ADN ou material xenético que controla tódalas funcións e actividades celulares .
Células eucariotas: Son máis grandes cas procariotas, gran variedade de orgánulos e o núcleo esta diferenciado dentro do citoplasma porque está rodeado dunha membrana nuclear.
Animal.
Vexetal: ten cloroplastos, vacúolos grandes e parede celular.
Células procariotas:Son máis pequenas cas eucariotas, no seu citoplasma hai ribosomas e o seu núcleo (ADN) non ten membrana nuclear, polo que non está diferenciado no citoplasma. Teñen flaxelo (moneras: bacterias).
O microscopio: Permítenos ampliar o tamaño das imaxes que non son visibles, a simple vista, para así poder observalas.Historia.
Primeiro microscopio (s. XVII): Antony van Leeuwenhoek.
Microscopio óptico (finais s. XVII): Robert Hooke.
Microscopio electrónico (s. XX).
Partes.
Ocular.
Revólver.
Obxectivos.
Platina.
Diafragma.
Parafusos de enfoque.
Macrométrico.
Micrométrico.
Iluminación.
Organización dos seres vivos.Unicelulares: Constan dunha sola célula que realiza tódalas funcións vitais.
Colonias: Agrupacións de organismos unicelulares semellantes.
Pluricelulares: Están constituídos por moitas células que se orixinaron dunha mesma célula inicial.
Sen tecidos: Propia de invertebrados moi sinxelos, como as esponxas; tamén en fungos e algas, en ambos os dous grupos chámase TALO.
Con tecidos pero sen órganos: Preséntana invertebrados sinxelos, como as medusas, e plantas como os musgos, nas que se chaman TALO BRIÓFITO.
Con órganos pero sen aparatos: Preséntana algúns invertebrados,como os vermes, e plantas como os fieitos e as espermatófitas. Esta organización nas plantas chámase CORMO.
Con aparatos ou sistemas: Preséntana a maioría dos invertebrados e tódolos vertebrados.
Organización das plantas cormófitas.Raíz: Fixa a planta ao chan e absorbe del auga e substancias minerais. Consta de:
Zona terminal ou apical.
Cofia.
Zona de crecemento.
Zona pilífera.
Pelos radicais.
Zona de ramificación.
Talo: Sostén as follas, as pólas e os froitos da planta. Nel distínguense:
Nós.
Entrenós.
Xemas.
Xema terminal.
Xemas axilares.
Follas: Parte na que ten lugar a fotosíntese e a transpiración. Constan de:
Limbo.
Anverso
Envés.
Estomas.
Tipos de raíces, talos e follas.Raíces.
Axonomorfas: Teñen un eixe central do que saen raíces secundarias.
Napiformes: Son raíces axonomorfas no que o seu eixe central se fai moi groso para almacenar o alimento (cenoria).
Fasciculadas: Todas teñen o mesmo tamaño (cereais).
Talos.
Subterráneos: Encóntranse baixo o chan (patacas, cebolas,...).
Aéreos: Encóntranse por riba do chan (toros leñosos das árbores, cans,...).
Acuáticos: Encóntranse baixo a auga (nenúfares).
Follas.
Simples: A superficie do limbo non está dividida (plátano, carballo,...).
Compostas: A superficie do limbo está dividida en dúas ou máis partes, que se chaman FOLIOLOS (nogueira, acacia,...).
Outras.
Adaptacións dunha planta cormófita.Contra a desecación: Follas duras con cuberta impermeable ou transformadas en espiñas.
Contra os cambios de temperatura: Perdida de follas para protexerse das xeadas (plantas de folla caduca) ou follas moi duras e resistentes (acacia).
Para a suxeición: Raíces e talos.
Organización de un animal vertebrado (mamífero).Aparatos e órganos para a relación.
Locomotor: Os sistemas muscular e esquelético permiten o movemento e a locomoción do organismo.
Nervioso: Elabora respostas a partir da información dos sentidos e ordena a súa execución. Coordina tódalas funcións do organismo.
Sentidos: Son os encargados da percepción dos estímulos externos (luz, son, frío, calos, cheiro, contacto,...).
Aparatos para a nutrición.
Excretor: Elimina do sangue os productos de refugallo das células e expúlsaos ao medio externo.
Dixestivo: Procesa os alimentos e convérteos en substancias de tamaño axeitado para que as células as poidan asimilar (nutrientes).
Respiratorio: Subministra ao sangue osíxeno procedente do medio e retira o dióxido de carbono e expúlsao ao exterior.
Circulatorio: Encárgase de mover o sangue por tódolos órganos e sistemas.
Aparatos para a reproducción.
Reproductor masculino: Produce os espermatozoides ou células sexuais masculinas.
Reproductor feminino: É o responsable de fabricalos óvulos ou células sexuais femininas.