Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre a vida na Terra, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Por que hai vida na Terra?", "Que é un ser vivo?", "Que son e como son as células?", "Como é a organización dos seres vivos?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






Etiquetas das entradas

Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo: Reproducción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo: Reproducción. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de agosto de 2007

Hippocampus parindo



Cabaiños de mar parindo, con contraccións e todo.

Cria de canarios



Montaxe coas capturas de vídeo realizadas durante os primeiros 15 dias de cría dunha parella de canarios.

Partenoxénesis



PARTENOXÉNESIS:
Modificación da reprodución sexual en que o óvulo se desenvolve sen previa fecundación, como ocorre en certos crustáceos e insectos e nalgunhas plantas inferiores.

Louise Brown



Sorpréndanse coa marabillosa historia de Louise Brown, o primeiro bebé concibido fora do corpo da súa nai. Este feito transcendeu os límites da medicina o 24 de agosto de 1978. Coñecede como con novas tecnoloxías reprodutivas, a ciencia e a industria convértense en socios na produción de vida. Visitaremos o congreso de París, onde máis de tres mil doutores danse cita para debater sobre os últimos avances da tecnoloxía reprodutiva. Tamén poderemos ver o testemuño do Dr. Robert G. Edwards, mellor coñecido como o pai espiritual do primeiro bebé por Fertilización in vitro. Podería considerarse esta nova tecnoloxía como unha cura milagrosa para a infertilidade?

Reproducción protoctistas



Reproducción das protoctistas.

Reproducción do peixe betta



Os peixes betta reproducíndose: a reproducción consiste en poñer ao betta macho e femia en distintos acuarios para que se vexan pero non se toquen pois o betta é un peixe moi agresivo; despois dun par de días o macho construirá un niño de burbullas e a femia engordará. Cando o niño este grande e a femia teña un punto branco no abdome pásase a femia ao acuario do macho e empezará a acosala para levala baixo o niño, despois dun intre a femia accederá e o macho daralle un tipo de abrazo onde a obrigará a expulsar os ovos, recólleos coa boca e lévaos ao niño e repítese o abrazo varias veces ata que a femia queda sen ovos, neste momento o macho rexeitaraa. É o momento de sacala do acuario, o macho coidará dos ovos.