Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre a vida na Terra, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Por que hai vida na Terra?", "Que é un ser vivo?", "Que son e como son as células?", "Como é a organización dos seres vivos?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






miércoles, 8 de agosto de 2007

Louise Brown



Sorpréndanse coa marabillosa historia de Louise Brown, o primeiro bebé concibido fora do corpo da súa nai. Este feito transcendeu os límites da medicina o 24 de agosto de 1978. Coñecede como con novas tecnoloxías reprodutivas, a ciencia e a industria convértense en socios na produción de vida. Visitaremos o congreso de París, onde máis de tres mil doutores danse cita para debater sobre os últimos avances da tecnoloxía reprodutiva. Tamén poderemos ver o testemuño do Dr. Robert G. Edwards, mellor coñecido como o pai espiritual do primeiro bebé por Fertilización in vitro. Podería considerarse esta nova tecnoloxía como unha cura milagrosa para a infertilidade?