Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre a vida na Terra, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Por que hai vida na Terra?", "Que é un ser vivo?", "Que son e como son as células?", "Como é a organización dos seres vivos?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






miércoles, 8 de agosto de 2007

Reproducción do peixe betta



Os peixes betta reproducíndose: a reproducción consiste en poñer ao betta macho e femia en distintos acuarios para que se vexan pero non se toquen pois o betta é un peixe moi agresivo; despois dun par de días o macho construirá un niño de burbullas e a femia engordará. Cando o niño este grande e a femia teña un punto branco no abdome pásase a femia ao acuario do macho e empezará a acosala para levala baixo o niño, despois dun intre a femia accederá e o macho daralle un tipo de abrazo onde a obrigará a expulsar os ovos, recólleos coa boca e lévaos ao niño e repítese o abrazo varias veces ata que a femia queda sen ovos, neste momento o macho rexeitaraa. É o momento de sacala do acuario, o macho coidará dos ovos.